Relicario
Na Idade Media tivo especial importancia o culto ás reliquias e, dependendo da cantidade e da calidade das reliquias que custodiase, así sería a importancia dunha catedral. A compostelá conta, desde entón, cunha destacada colección, para a que se foron realizando importantes pezas artísticas que haberían de servir como contedores e expositores desas reliquias; algunhas delas, obras crave nos fondos artísticos da catedral.Santiago Peregrino de Geoffroy Coquatrix
París, Taller Real, Ca. 1321. Ouro, prata dourada e esmaltes Trátase, tal e como consta na cartela que a figura porta na súa man esquerda, dunha ofrenda de peregrinación do parisiense Geoffroy Coquatrix, importante personaxe da corte francesa da época e que estaba...
Busto relicario de Santiago Alfeo
Santiago de Compostela, Atr. Rodrigo Eáns, 1332. Plata sobredorada, piedras preciosas y esmaltes. En 1116 a raíña Urraca apoderouse desta reliquia, traída anos antes desde Xerusalén a Braga, converténdose, desde entón, no outro Santiago da catedral. En época do...
Santiago Peregrino de Iohannes Roucel
París, Ca. 1400. Prata sobredorada e na súa cor, cobre sobredorado e esmaltes No amplo basamento desta figura dáse conta da súa ofrenda de peregrinación por parte do cabaleiro francés Johannes Roucel (Jean de Roussay) e a súa esposa Johana, cuxas armas figuran nos...
Relicario da Santa Espiña
Zaragoza, Ca. 1425. Prata, esmalte e cristal Posiblemente trátase dunha Ofrenda ao Apóstolo realizada cara ao ano 1425. Dous anxos vestidos con hábito franciscano, portan os instrumentos da Paixón de Cristo e escoltan a bocha central, rematada por un Crucificado, na...
Santiago Peregrino do Arcebispo Isorna
Santiago de Compostela, Francesco Marino, Ca. 1445. Prata sobredorada, pedras preciosas e esmaltes Esta imaxe de devoción foi un encargo que realizou o arcebispo Álvaro Núñez de Isorna ao prateiro de orixe italiana, pero activo en Compostela, Francesco Marino, para a...
Virxe da Azucena
Santiago de Compostela, Atr. Francesco Marino, primeiro terzo do século XV, prata sobredourada, esmaltes e pedras preciosas. Unha das pezas do Tesouro compostelán atribuídas ao prateiro italiano Francesco Marino, que traballaría en Santiago para os arcebispos Lope de...
Figura de San Pedro
Santiago de Compostela, Ca. 1425. Prata sobredourada, esmalte e pedras preciosas Esta peza forma parte do conxunto de imaxes de devoción encargadas polo arcebispo Lope de Mendoza para o seu oratorio privado, posteriormente adquiridas polo seu sucesor, Álvaro Núñez de...
Figura de San Xoán Bautista
Santiago de Compostela, Ca. 1425. Prata sobredorada, esmalte e pedras preciosas Xunto á figura de San Pedro son as dúas imaxes do conxunto procedente do oratorio do arcebispo Lope de Mendoza que se atribuíron á man dalgún mestre prateiro compostelán da época por...
Figura de San Andrés
Santiago de Compostela, Atr. Francesco Marino. Ca. 1425. Prata sobredourada, esmalte e pedras preciosas Trátase dunha das cinco imaxes de devoción procedentes do oratorio do arcebispo Lope de Mendoza que se conservaron no Tesouro compostelán e, delas, a única...
Figura de San Francisco de Asís
Santiago de Compostela, Atr. Vicente Flamengo, Ca. 1425.Prata sobredorada, esmalte e pedras preciosas O hábito franciscano, así como a súa caracterización e os atributos que porta nas súas mans, a caveira e a cruz, identifican a imaxe de San Francisco de Asís...
Figura de San Domingos de Guzmán
Santiago de Compostela. Atr. Vicente Flamengo, Ca. 1425. Prata sobredourada, esmalte e pedras preciosas. Os dous santos fundadores das ordes mendicantes, que tan importante papel ían ter na atención aos peregrinos e, en Compostela, cos seus respectivos conventos de...
Busto relicario de Santa Paulina
Santiago de Compostela, Jorge Cedeira, o vello, 1553. Prata, esmaltes e pedras preciosas. O portugués Jorge Cedeira, o vello, deu inicio en Compostela, onde se asentou no ano 1542, a unha gran saga de prateiros que haberían de deixar pegada na cidade e na súa...
Busto relicario de Santa Florina
Santiago de Compostela, Jorge Cedeira, o Mozo, 1594. Prata, prata sobredorada e esmaltes O arcebispo compostelán Gaspar de Ávalos acompañou, no ano 1543, ao rei Carlos I na súa viaxe por Italia e Alemaña, aproveitando para facerse con importantes obxectos artísticos e...
Relicario de San Clemente
Santiago de Compostela, Atr. Duarte Cedeira, o Mozo, 1594. Prata sobredorada e esmaltes A realización desta peza, en época do arcebispo Juan de Sanclemente e, probablemente, a cargo dun dos prateiros da familia dos Cedeira, de orixe portuguesa e asentados en...
Relicario de Santa Bárbara
Valladolid, Juan Álvarez segundo deseño de Juan A. García de Bouzas, 1733.Prata sobredorada e na súa cor O encargo desta peza por parte do Cabido compostelán correspóndese co agradecemento a Santa Bárbara pola súa intercesión en favor da catedral tras a caída dun raio...
Relicario de Santa Tareixa
Madrid, Francisco Pecul, 1804. Prata sobredorada e na súa cor. A pesar da polémica suscitada no século XVII, entre Santiago e Santa Tareixa, polo patroado de España, sempre houbo unha importante devoción á santa na catedral. Esta devoción acentuouse nos anos centrais...
Santiago Peregrino
Santiago de Compostela, Ricardo Martínez, 1890. Plata No ano 1879 tivo lugar un acontecemento de especial relevancia para que o rexurdimento do fenómeno xacobeo: o redescubrimento dos restos de Santiago o Maior, ocultos na catedral desde 1589. Anos despois, en 1884, o...
Información
Promove: Fundación Catedral de Santiago
Colabora: S. A. de Xestión do Plan Xacobeo – Xunta de Galicia
Dirección proxecto: Ramón Yzquierdo Peiró
Dixitalización e tratamento imaxes: Margen / Elipseeg.com
Deseño Gráfico: La Cosa Gráfica
Contacto
Fundación Catedral de Santiago
Casa do Deán, Rúa do Vilar, 1
15705 Santiago de Compostela · (España)
T.: +34 981 569 327
museo@catedraldesantiago.es
Prohibida a reproducción parcial ou total dos contidos deste sitio web sen a autorización da Fundación Catedral de Santiago.
Todos os dereitos reservados.