Proxecto Educativo

Dende o Museo da Catedral propoñemos, a través do xogo, unha actividade pensada para que rapaces e rapazas do último ciclo de primaria poidan coñecer o Panteón Real da Catedral de Santiago de Compostela, ubicado no espazo da Capela das Reliquias. O
Panteón se trasladou no ano 1535 dende a súa anterior ubicación no brazo norte do transepto, onde hoxe encontramos a Capela de Santa Catalina.

 Este espazo atópase nunha das moitas capelas que hai na Catedral, pero a diferenza doutras onde nos encontramos con imaxes de santos e virxes, nesta capela descansan personaxes da realeza e da igrexa. Este lugar alberga tamén o espazo adicado ás Reliquias, polo que na visita ademais dos tumbos, os rapaces verán que hai varios obxetos de gran valor, onde se garda hoxe o Tesouro da Catedral de Santiago.

 A idea consiste en facer unha actividade pedagóxica con 25 alumnos como máximo para que coñezan algúns dos segredos que garda este lugar, preguntándonos que é un Panteón? Por qué están aquí estes ilustres personaxes? Quenes foron?

 Para iso, previamente propoñemos enviar aos mestres uns modelos sobre algúns dos reis, raíñas e bispos, cun formato moi sinxelo e didáctico, para que o traballen na aula e o alumnado se familiarice con eles.

 

Falaremos da importancia que tiveron estes na construción da Catedral, por que algúns deles quixeron ser soterrados aquí, e, cun sinxelo xogo de Quen e Quen?, traballaremos en grupo sobre as diferentes vestimentas e símbolos que representan aos distintos personaxes, para que os rapaces e rapazas se identifiquen con eles e recoñezan os símbolos que lles identifican como persoas da realeza e da igrexa.
A finalidade desta actividade é dar valor a espazos da Catedral pouco coñecidos, como é o Panteón Real, así como aos personaxes que foron fundamentais para a nosa historia e para a construción deste gran templo, que ainda que viviron fai moitos siglos, perduran no tempo.

Material descargable

N

Actividade

Información

Promove: Fundación Catedral de Santiago
Colabora: S. A. de Xestión do Plan Xacobeo – Xunta de Galicia

Dirección proxecto: Ramón Yzquierdo Peiró
Dixitalización e tratamento imaxes: Margen / Elipseeg.com
Deseño Gráfico: La Cosa Gráfica

Contacto

Fundación Catedral de Santiago
Casa do Deán, Rúa do Vilar, 1
15705 Santiago de Compostela · (España)
T.: +34 981 569 327
museo@catedraldesantiago.es

Prohibida a reproducción parcial ou total dos contidos deste sitio web sen a autorización da Fundación Catedral de Santiago.
Todos os dereitos reservados.