Select Page
Ourivaría e Artes Decorativas

Entre o Relicario e a capela do Tesouro están gardadas e expostas aquelas pezas de minuciosa orfebrería relativas á devoción ás reliquias, o culto e as ofrendas ao Apóstolo coas que a nobreza e monarquía obsequiaban constantemente á catedral. As pezas musealizadas son solo algúns exemplos de todo o que no seu día formou parte do Tesouro compostelán, hoxe perdido a consecuencia de roubos, incendios, aprovechamento de materiais… As pezas conservadas sirven de testemuña de toda aquela grandeza.

Por outra parte, o propio Cabido era moitas veces quen levaba a cabo os encargos concretos que foron creando pouco a pouco unha escola de ourives consolidada totalmente a partir do Renacemento. Este Tesouro non cesou de medrar co paso dos anos. Desde finais do s. XIX, impulsado polo redescubrimento dos restos do apóstolo Santiago en 1879, e ao longo de todo o s. XX, vólvese a vivir unha época de esplendor na escola de ourivaría con exemplos moi destacados nos fondos catedralicios.

Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad