Os 'vintecatro' da Porta Santa
Varias esculturas procedentes do coro pétreo do Mestre Mateo recolocáronse, en distintos momentos, na fachada da Porta Santa, dando lugar ao grupo dos “vintecatro”, composto por profetas, apóstolos e outros personaxes bíblicos que integraban orixinalmente o programa iconográfico desenvolvido nas fachadas do coro.Aarón e Nahún
Mestre Mateo e o seu taller. Ca. 1200. Granito O coro pétreo labrado polo Mestre Mateo como parte do seu proxecto de culminación e renovación da catedral de Santiago para a súa solemne consagración, que tivo lugar no ano 1211, incluía unha serie de esculturas de...
Daniel e Isaías
Mestre Mateo e o seu taller. Ca. 1200. Granito Estas dúas figuras, identificadas cos profetas Daniel e Isaías e procedentes do coro pétreo do Mestre Mateo, atópanse situadas, actualmente, no nivel intermedio do primeiro tramo, ao lado esquerdo, da fachada da Porta...
Salomón e Moisés
Mestre Mateo e o seu taller. Ca. 1200. Granito O primeiro tramo da esquerda da fachada da Porta Santa está rematado polas figuras do rei Salomón e Moisés procedentes do coro do Mestre Mateo. Ambas as figuras atoparíanse, orixinalmente, nos respectivos extremos do...
San Andrés e San Simón
Mestre Mateo e o seu taller. Ca. 1200. GranitoAs imaxes hoxe situadas na parte inferior do segundo tramo ao lado esquerdo da fachada da Porta Santa foron identificadas como os apóstolos Andrés e Simón, respectivamente.O primeiro deles iniciaba, no coro mateano, o...
Saúl e Zacarías
Mestre Mateo e o seu taller. Ca. 1200. GranitoAs figuras, procedentes do coro do Mestre Mateo, que ocupan o nivel intermedio no segundo tramo ao lado esquerdo da fachada da Porta Santa foron identificadas con Saúl e Zacarías.O lado sur da fachada do trascoro estaba...
San Lucas e Axeo
Mestre Mateo e o seu taller. Ca. 1200. Granito Pertencentes ao grupo de personaxes bíblicos que coroaban as fachadas do coro do Mestre Mateo e que foron reutilizadas na fachada da Porta Santa, actualmente, as imaxes identificadas con San Lucas e o profeta Axeo,...
Abdías e Santo Tomás
Mestre Mateo e o seu taller. Ca. 1200. Granito As esculturas identificadas co profeta Abdías e Santo Tomás, procedentes do coro pétreo do Mestre Mateo, atópanse actualmente na parte inferior do primeiro tramo da dereita da fachada da Porta Santa.Abdías, o profeta que...
Samuel e San Felipe
Mestre Mateo e o seu taller. Ca. 1200. GranitoAs dúas imaxes, procedentes do coro do Mestre Mateo, que ocupan o nivel intermedio no primeiro tramo ao lado dereito da fachada da Porta Santa son as identificadas co profeta Samuel e co apóstolo Felipe.O primeiro deles...
Miqueas e Oseas
Mestre Mateo e o seu taller. Ca. 1200. Granito As figuras procedentes do coro pétreo do Mestre Mateo que integran a parte alta do primeiro tramo ao lado dereito da fachada de Praterías son as identificadas como os profetas Miqueas e Oseas.O primeiro deles ocuparía o...
Habacuc e Xonás
Mestre Mateo e o seu taller. Ca. 1200. Granito Na parte inferior do segundo tramo ao lado dereito da fachada da Porta Santa, atópanse as esculturas identificadas cos profetas Habacuc e Xonás, procedentes do coro do Mestre Mateo.Ambas as pezas iniciarían e...
Xeremías e Santiago o Maior
Mestre Mateo e o seu taller. Ca. 1200. Granito As imaxes do profeta Xeremías e de Santiago o Maior, realizadas polo taller do Mestre Mateo para o coro da catedral compostelá, atópanse actualmente no nivel intermedio do último tramo ao lado dereito da portada da Porta...
Malaquías e San Marcos
Mestre Mateo e o seu taller. Ca. 1200. Granito As esculturas identificadas coas representacións do profeta Malaquías e do Evanxelista San Marcos, forman parte do conxunto de pezas que coroaban as fachadas exteriores do coro do Mestre Mateo e que, despois da súa...
Información
Promove: Fundación Catedral de Santiago
Colabora: S. A. de Xestión do Plan Xacobeo – Xunta de Galicia
Dirección proxecto: Ramón Yzquierdo Peiró
Dixitalización e tratamento imaxes: Margen / Elipseeg.com
Deseño Gráfico: La Cosa Gráfica
Contacto
Fundación Catedral de Santiago
Casa do Deán, Rúa do Vilar, 1
15705 Santiago de Compostela · (España)
T.: +34 981 569 327
museo@catedraldesantiago.es
Prohibida a reproducción parcial ou total dos contidos deste sitio web sen a autorización da Fundación Catedral de Santiago.
Todos os dereitos reservados.