O Coro pétreo
A segunda gran actuación do Mestre Mateo na catedral foi a construción dun gran coro de pedra policromada que ocupaba os catro primeiros tramos da nave central da catedral e que foi destruído nos primeiros anos do século XVII. A partir dos restos recuperados realizouse, no Museo Catedral, unha reconstrución parcial que se completa con outras pezas expostas nas súas salas.Reconstrucción do Coro Pétreo
Tras a súa derriba nos primeiros anos do século XVII, algunhas pezas do coro reutilizáronse noutros lugares da catedral e outras moitas empregáronse como simple material construtivo en diversos proxectos que, naquel momento levaban a cabo na catedral. Nas primeiras...
Figura do Apóstolo Xoan?
Mestre Mateo e o seu taller. Ca. 1200. Granito No primeiro tramo da fachada sur do coro do Mestre Mateo repetiríase a secuencia de personaxes do piar ao lado dereito da parte central do Pórtico da Gloria, formado polos apóstolos Pedro, Paulo, Santiago e Xoán. Con este...
San Mateo
Mestre Mateo e o seu taller. Ca. 1200. Granito A imaxe de San Mateo actualmente exposta no Museo Catedral procede da fachada ao lado sur do coro pétreo do Mestre Mateo, concretamente do último tramo da mesma, na que formaría grupo co resto de Evanxelistas.Tras ser...
Cabalos do cortexo dos Reis Magos
Mestre Mateo e o seu taller. Ca. 1200. Granito con restos de policromía O acceso dos cóengos da catedral ao interior do coro, que ocupaba os primeiros tramos da nave central da catedral, realizábase a través da porta aberta na súa cabeceira, para o que era necesario...
Torre do muro exterior do Coro
Mestre Mateo. Ca. 1200. Granito con restos de policromía A crestería da cerca exterior do coro do Mestre Mateo decorábase cunha sucesión de figuras de personaxes bíblicos, catro en cada tramo entre columnas da catedral, separados por elementos arquitectónicos con...
Información
Promove: Fundación Catedral de Santiago
Colabora: S. A. de Xestión do Plan Xacobeo – Xunta de Galicia
Dirección proxecto: Ramón Yzquierdo Peiró
Dixitalización e tratamento imaxes: Margen / Elipseeg.com
Deseño Gráfico: La Cosa Gráfica
Contacto
Fundación Catedral de Santiago
Casa do Deán, Rúa do Vilar, 1
15705 Santiago de Compostela · (España)
T.: +34 981 569 327
museo@catedraldesantiago.es
Prohibida a reproducción parcial ou total dos contidos deste sitio web sen a autorización da Fundación Catedral de Santiago.
Todos os dereitos reservados.