Santa Ana, a Virxe e o Neno
Descrición
Atr. Nicolás de Chaterenne, Ca. 1500. Calcaria policromada
Esta peza, atribuída ao mestre borgoñón Nicolás de Chaterenne, que traballou na época na catedral e no veciño Hospital Real, puido pertencer ao altar dedicado a Santa Ana na capela de don Lope de Mendoza.
Responde o modelo iconográfico de Santa Ana Tripla, que tivo especial desenvolvemento no século XV desde o mundo xermánico, no cal se incide na xenealoxía humana de Xesús, representado como Neno, en brazos da súa Nai e esta, á súa vez, amparada pola súa nai Santa Ana, destacada na perspectiva xerárquica do conxunto.
Información
Promove: Fundación Catedral de Santiago
Colabora: S. A. de Xestión do Plan Xacobeo – Xunta de Galicia
Dirección proxecto: Ramón Yzquierdo Peiró
Dixitalización e tratamento imaxes: Margen / Elipseeg.com
Deseño Gráfico: La Cosa Gráfica
Contacto
Fundación Catedral de Santiago
Casa do Deán, Rúa do Vilar, 1
15705 Santiago de Compostela · (España)
T.: +34 981 569 327
museo@catedraldesantiago.es