San Miguel pesando as ánimas
Descrición
Coimbra, Atr. Joao Afonso, segunda metade do século XV. Calcaria policromada
Tradicionalmente relacionouse esta imaxe con aquela que, segundo as crónicas, coroaba a chamada Torre do Anxo ou de San Miguel, que se achaba nun dos ángulos da fachada norte da catedral. Con todo, as características da peza e o seu estado de conservación non parecen corresponderse con tempo de exposición á intemperie. É posible que si tivese relación coa torre, pero non ao exterior, senón nalgunha capela situada na mesma baixo a advocación de San Miguel.
Estilísticamente correspóndese co traballo dos talleres conimbricenses da época e, neste sentido, atribuíuse a Joao Afonso, Mestre dás Alhadas, aínda que tamén podería ser realizada en Compostela por un mestre portugués activo na cidade nese momento.
Información
Promove: Fundación Catedral de Santiago
Colabora: S. A. de Xestión do Plan Xacobeo – Xunta de Galicia
Dirección proxecto: Ramón Yzquierdo Peiró
Dixitalización e tratamento imaxes: Margen / Elipseeg.com
Deseño Gráfico: La Cosa Gráfica
Contacto
Fundación Catedral de Santiago
Casa do Deán, Rúa do Vilar, 1
15705 Santiago de Compostela · (España)
T.: +34 981 569 327
museo@catedraldesantiago.es