Anunciación
Descrición

Taller compostelán, primeira metade do século XIII. Granito con restos de policromía

Este conxunto tería a súa orixe nunha capela dedicada á Nosa Señora da O pertencente ao gremio de tecedores da cidade de Santiago, a cal no século XVI trasladaríase á Corticela, onde haberían de permanecer as pezas ata que, no século XIX, separáronse, pasando a imaxe de María ao trascoro da catedral. Por fin, nos anos centrais do século XX, coa eliminación do coro, a parella volveu reunirse, nesta ocasión, no Museo.
Posiblemente, no momento do seu traslado á Corticela, as pezas se repintaron e dese momento serían os restos que se aprecian, sobre todo na figura do Arcanxo, do uso da técnica do brocado aplicado, que tamén se viu, na catedral, na segunda policromía do Pórtico da Gloria e na bóveda da actual capela de San Fernando.

Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos.
Privacidad