Select Page

Reconstrucción virtual Porta Francíxena

Descrición

O período xelmiriano, que comprende os corenta anos de episcopado de Diego Xelmírez, tivo unha importancia crave na consolidación da sede compostelá, que acabou por converterse, en 1120, en metropolitana. Así mesmo, viviuse unha etapa fundamental no avance da construción da catedral románica, cun novo programa construtivo e iconográfico e un novo equipo de mestres, de posible procedencia foránea e indubidable influencia francesa.
Un dos aspectos máis importantes desta nova época foi a construción de grandes portais con decoración escultórica nas fachadas do cruceiro. Delas, chegounos a moi modificada, en diferentes momentos, -con posible cambio de programa orixinal incluído-, fachada de Praterías e, nas pezas procedentes dela que aquí se recolocaron, así como noutros relevos e esculturas conservados no Museo Catedral, a fachada do Paraíso, tamén chamada Porta Francíxena por ser esta a de entrada dos peregrinos na catedral. Esta fachada foi substituída, nos anos centrais do século XVIII, pola actual da Acibechería.
A partir do estudo dos restos que se conservaron, así como, entre outras, da detallada descrición que dela aparece no Liber Sancti Iacobi, escrito en época do arcebispo Xelmírez, foi posible realizar, baixo a dirección de M. Castiñeiras e V. Nodar, esta reconstrución hipotética virtual da fachada, así como do Paradisus que, emulando o exemplo romano, abríase ante ela, presidido por unha gran fonte, no que se celebraban distintas cerimonias e no que había distintos postos de venda aos peregrinos.

Vídeo

Información

Promove: Fundación Catedral de Santiago
Colabora: S. A. de Xestión do Plan Xacobeo – Xunta de Galicia

Dirección proxecto: Ramón Yzquierdo Peiró
Dixitalización e tratamento imaxes: Margen / Elipseeg.com
Deseño Gráfico: La Cosa Gráfica

Contacto

Fundación Catedral de Santiago
Casa do Deán, Rúa do Vilar, 1
15705 Santiago de Compostela · (España)
T.: +34 981 569 327
museo@catedraldesantiago.es

Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad