Esclavina do Santo Apóstolo
Descrición

Salamanca, Juan de Figueroa, 1704. Prata, prata sobredourada e pedrería

No 1211, con motivo da solemne consagración da catedral compostelá, o Mestre Mateo completou o seu proxecto na catedral cunha imaxe sedente de Santiago que seguía o modelo do seu homónimo do parteluz do Pórtico da Gloria e que serviría, desde ese momento, como punto de referencia para fieis e peregrinos, ao estar situada sobre o sepulcro apostólico.
Tempo despois, desde os anos finais do século XVII, o arcebispo Antonio de Monroy impulsou a transformación da capela maior e, ademais doutras actuacións, ordenou o encargo, en 1704, dunha esclavina de prata para vestir esa imaxe medieval, a cal xa sufrira algunhas intervencións anteriores. Da nova esclavina, axustada ao busto da escultura, encargouse o salmantino Juan de Figueroa, tal e como consta na inscrición do seu reverso.
En 2004, desgastada por miles de abrazos, a esclavina foi substituída por unha réplica e, actualmente, exhíbese no Tesouro da catedral.

Fotos
Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos.
Privacidad