Sepulcro do Rei Fernando II
Descrición
Fernando II foi un rei fundamental para a catedral compostelá, impulsando o fin das obras, coa xenerosa pensión vitalicia concedida ao Mestre Mateo en 1168. En 1180, deixou escrita a súa elección da catedral compostelá como lugar de enterramento e, á súa morte, en 1188, pouco antes da colocación dos dinteles do Pórtico da Gloria, o seu fillo Alfonso IX puxo todo o seu empeño en cumprir a súa vontade, o que logrou ao pouco tempo. Con iso, configurábase oficiosamente o Panteón Real compostelán, do que xa formaban parte a nai de Fernando II, Berenguela e o seu avó, Raimundo de Borgoña. Tras o traslado do Panteón á súa actual localización, en 1535, produciuse certa confusión na identificación dos sepulcros. Os estudos estilísticos dos yacentes levan á conclusión de que se produciu un intercambio de identidades e que o tradicionalmente identificado con Alfonso IX corresponde en realidade con Fernando II e viceversa; datándose esta peza tras a consagración da catedral en 1211.
Modelo 3D
Vídeo
Información
Promove: Fundación Catedral de Santiago
Colabora: S. A. de Xestión do Plan Xacobeo – Xunta de Galicia
Dirección proxecto: Ramón Yzquierdo Peiró
Dixitalización e tratamento imaxes: Margen / Elipseeg.com
Deseño Gráfico: La Cosa Gráfica
Contacto
Fundación Catedral de Santiago
Casa do Deán, Rúa do Vilar, 1
15705 Santiago de Compostela · (España)
T.: +34 981 569 327
museo@catedraldesantiago.es