Select Page

Samuel e San Felipe

Descrición

Mestre Mateo e o seu taller. Ca. 1200. Granito
As dúas imaxes, procedentes do coro do Mestre Mateo, que ocupan o nivel intermedio no primeiro tramo ao lado dereito da fachada da Porta Santa son as identificadas co profeta Samuel e co apóstolo Felipe.
O primeiro deles acompañaba a Moisés e Aarón no lado norte da fachada do trascoro, por tanto, gozando de destacado protagonismo no conxunto na súa calidade de profeta, sacerdote e último xuíz de Israel. A el correspondeu establecer a monarquía e unxir aos seus primeiros reis, que lle seguen alén da fachada.
Pola súa banda, San Felipe atopábase no segundo tramo dos apóstolos, no lado sur do coro, acompañando a Andrés, Bartolomeu e Tomás. Ten rostro xuvenil e vira a súa cabeza en actitude de diálogo co seu compañeiro. Coa man dereita suxeita unha cartela á vez que oculta o brazo esquerdo, cruzado sobre o peito, baixo as roupas.

Modelo 3D

Información

Promove: Fundación Catedral de Santiago
Colabora: S. A. de Xestión do Plan Xacobeo – Xunta de Galicia

Dirección proxecto: Ramón Yzquierdo Peiró
Dixitalización e tratamento imaxes: Margen / Elipseeg.com
Deseño Gráfico: La Cosa Gráfica

Contacto

Fundación Catedral de Santiago
Casa do Deán, Rúa do Vilar, 1
15705 Santiago de Compostela · (España)
T.: +34 981 569 327
museo@catedraldesantiago.es