Busto relicario de Santa Paulina
Descrición
Santiago de Compostela, Jorge Cedeira, o vello, 1553.
Prata, esmaltes e pedras preciosas.
O portugués Jorge Cedeira, o vello, deu inicio en Compostela, onde se asentou no ano 1542, a unha gran saga de prateiros que haberían de deixar pegada na cidade e na súa catedral. Entre os traballos que levou a cabo para a Igrexa de Santiago, atópase este relicario, que foi encargado polo Cabido no ano 1553, para acoller as reliquias de Santa Paulina, unha das santas mártires cuxos restos trouxera o Cardeal Gaspar de Ávalos tras o seu periplo por Italia e Alemaña como parte do séquito do rei Carlos I de España
.
Video
Información
Promove: Fundación Catedral de Santiago
Colabora: S. A. de Xestión do Plan Xacobeo – Xunta de Galicia
Dirección proxecto: Ramón Yzquierdo Peiró
Dixitalización e tratamento imaxes: Margen / Elipseeg.com
Deseño Gráfico: La Cosa Gráfica
Contacto
Fundación Catedral de Santiago
Casa do Deán, Rúa do Vilar, 1
15705 Santiago de Compostela · (España)
T.: +34 981 569 327
museo@catedraldesantiago.es