Relicario de Santa Bárbara

Descrición

Valladolid, Juan Álvarez segundo deseño de Juan A. García de Bouzas, 1733.
Prata sobredorada e na súa cor

O encargo desta peza por parte do Cabido compostelán correspóndese co agradecemento a Santa Bárbara pola súa intercesión en favor da catedral tras a caída dun raio sobre a mesma no ano 1731. Con tal motivo, instaurouse a festividade da santa, que aínda se mantén na catedral na actualidade e, pouco despois, contratáronse os traballos co prateiro valisoletano Juan Álvarez, que debía seguir o deseño encargado ao pintor da catedral, Juan A. García de Bouzas. A santa, coidadosamente vestida á maneira da época, identifícase polos seus atributos máis tradicionais, a palma do martirio na súa man dereita e a torre con tres xanelas na esquerda.

Video
Fotos

Información

Promove: Fundación Catedral de Santiago
Colabora: S. A. de Xestión do Plan Xacobeo – Xunta de Galicia

Dirección proxecto: Ramón Yzquierdo Peiró
Dixitalización e tratamento imaxes: Margen / Elipseeg.com
Deseño Gráfico: La Cosa Gráfica

Contacto

Fundación Catedral de Santiago
Casa do Deán, Rúa do Vilar, 1
15705 Santiago de Compostela · (España)
T.: +34 981 569 327
museo@catedraldesantiago.es