Malaquías e San Marcos
Descrición
Mestre Mateo e o seu taller. Ca. 1200. Granito
As esculturas identificadas coas representacións do profeta Malaquías e do Evanxelista San Marcos, forman parte do conxunto de pezas que coroaban as fachadas exteriores do coro do Mestre Mateo e que, despois da súa derriba, terminaron colocadas na fachada da Porta Santa. Neste caso, atópanse situadas na parte superior do último tramo ao lado dereito da devandita fachada.
Malaquías, “o mensaxeiro de Deus”, último profeta do Antigo Testamento, formaba parte do grupo de profetas menores situados no último tramo ao lado norte do coro, xunto a Zacarías, Axeo e unha cuarta figura que non se conservou. Destaca pola súa carapucha, audaz postura e, como é habitual na súa iconografía, ampla cartela que, neste caso, suxeita coa súa man dereita.
San Marcos, xunto ao resto de Evanxelistas, atoparíase situado no último tramo da fachada ao lado sur do coro mateano, neste caso, despregando unha longa cartela vertical.
Modelo 3D
Información
Promove: Fundación Catedral de Santiago
Colabora: S. A. de Xestión do Plan Xacobeo – Xunta de Galicia
Dirección proxecto: Ramón Yzquierdo Peiró
Dixitalización e tratamento imaxes: Margen / Elipseeg.com
Deseño Gráfico: La Cosa Gráfica
Contacto
Fundación Catedral de Santiago
Casa do Deán, Rúa do Vilar, 1
15705 Santiago de Compostela · (España)
T.: +34 981 569 327
museo@catedraldesantiago.es