Select Page

Cabalos do cortexo dos Reis Magos

Descrición

Mestre Mateo e o seu taller. Ca. 1200. Granito con restos de policromía

O acceso dos cóengos da catedral ao interior do coro, que ocupaba os primeiros tramos da nave central da catedral, realizábase a través da porta aberta na súa cabeceira, para o que era necesario atravesar, previamente a fachada do trascoro, presidida por un tímpano coa Adoración dos Magos que non se conservou. Nun dos seus laterais dispoñeríase, probablemente, un relevo coa Anunciación e, alén, se atoparía esta peza, recuperada nuns traballos arqueolóxicos realizados en 1978 no remate da escalinata do Obradoiro.
O elemento arquitectónico con forma de torreón rectangular que se atopa nun lateral, continúa a secuencia propia da crestería dos muros exteriores do coro, nos que alternaban figuras bíblicas e torres; do mesmo asómanse, escalonadamente, as cabezas de tres cabalos identificados co cortexo dos Reis Magos do tímpano contiguo.

Modelo 3D
Vídeo
Fotos

Información

Promove: Fundación Catedral de Santiago
Colabora: S. A. de Xestión do Plan Xacobeo – Xunta de Galicia

Dirección proxecto: Ramón Yzquierdo Peiró
Dixitalización e tratamento imaxes: Margen / Elipseeg.com
Deseño Gráfico: La Cosa Gráfica

Contacto

Fundación Catedral de Santiago
Casa do Deán, Rúa do Vilar, 1
15705 Santiago de Compostela · (España)
T.: +34 981 569 327
museo@catedraldesantiago.es

Prohibida a reproducción parcial ou total dos contidos deste sitio web sen a autorización da Fundación Catedral de Santiago.
Todos os dereitos reservados.

Esta web utiliza cookies propias para su correcto funcionamiento. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad